Atopan dúas granadas de man no rexistro da propiedade de Corcubión


Foi unha persoa que limpa o edificio a que atopou dúas granadas de man no rexistro da propiedade da localidade de Corcubión, segundo confirmaron fontes da Garda Civil.  

Estaban xunto á porta principal, por fóra do recinto. Unha das granadas estaba colocada pegada a entrada. A segunda estaba nunha bolsa situada á beira. 

O achado produciuse á primeira hora da mañá e efectivos do Instituto Armado desaloxaron e acordoaron a zona do edificio. Ademais, foi mobilizado un equipo de especialistas en explosivos, que se desprazaron ata o lugar para verificar se as granadas teñen carga e se están activadas.