32
Unha parella que ía paseando atopou os restos dun corpo de muller preto da Valenzá, no contorno da aldea dos Muíños, en Barbadás. Esta zona é a mesma na que Policía, Garda Civil, amigos e voluntarios xa estiveran buscando en febreiro a desparecida Nerea Añel, unha moza de 27 anos da que nada se sabe dende finais de xaneiro, cando foi vista por última vez canda un home nun motel próximo. Xa daquela o Xulgado número dous de Ourense decretou o segredo do sumario sobre as investigacións que se estaban facendo sobre a desaparición da rapaza. As pescudas continúan para tratar de saber que lle pudo haber ocorrido.