46
As autoridades localizaron en bo estado a Marta Pampillón Martínez, unha moza de 17 anos que desapareceu na cidade de Vigo o pasado sábado 3 de agosto.
Os seus familiares e amigos denunciaran e alertaran da súa desaparición nas redes sociais e finalmente foi localizada polas autoridades en bo estado.
O pai da moza afirmara que non era a primeira vez que a súa filla marchaba da casa e, de feito, na actualidade vive coa súa tía en Ponteareas.