Salvamento Marítimo e Emerxencias de Oleiros localizaron a primeira hora da tarde deste xoves unha embarcación á deriva —que fora roubada— e buscaron sen éxito o seu tripulante, que cren que puido desaparecer no mar. traballaron na búsqueda a lancha LS Condesa Pardo Bazán de Cruz Vermella e o helicóptero Helimer 402. Un supervisor do servizo de Emerxencias de Oleiros alertou o 112 de que había unha embarcación á deriva na zona dos pantaláns de Repsol. Localizado o dono do barco, este comunicou que llo roubaron e que el non saíra ao mar. Entón, os efectivos remolcaron a embarcación ata o porto de Santa Cruz. Testemuñas afirmaron ver unha persoa saír navegar a bordo da embarcación. Por iso, se mobilizou o operativo de rescate, que culminou sen éxito.
32