Atopan falecido a un septuaxenario desaparecido este luns en Friol

Emergencias 112

Os servizos de emerxencia atoparon falecido este martes, no concello lucense de Friol, a un home septuaxenario que estaba en paradoiro descoñecido desde onte. O corpo sen vida do home foi localizado nun piñeiral próximo ao lugar da súa desaparición, en Rosende, ao redor das 8:00 horas.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia da súa desaparición ás 21:15 horas deste pasado luns a través dun veciño da vítima, que indicaba que faltaba da súa casa desde as 17:00 horas.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia informouse dos feitos á Garda Civil, que coordinou un operativo de busca no que participaron os membros da Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Friol.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha