Atopan falecido no río Mandeo o home desaparecido o luns en Betanzos

O home de 69 anos ao que se buscaba desde o luns pasado en Betanzos foi atopado falecido flotando no río na mañá deste xoves.

O seu cadáver aboiaba no Mandeo cando un veciño o viu a media mañá. Estaba a uns cen metros do punto onde se supón que desapareceu, onde atoparon a súa carteira. Río arriba, supoñen que as correntes provocadas pola marea o arrastraron ata o lugar.

Agora quedan por determinar as causas que provocaron este suceso.

A última vez que se viu o home foi nas inmediacións do porto de Betanzos o luns pasado, cando paseaba coa súa cadela. O animal quedou na beira esperando polo dono e foi aí onde se centrou a súa busca.

O martes, mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil atoparon unha carteira deste home, que a familia identificou como súa.

Ao longo desta semana despregouse un dispositivo de procura con membros de Protección Civil, mergulladores, drons e un helicóptero, entre outros medios. Precisamente, este xoves Protección Civil contaba cun dispositivo especial na zona pola celebración da romaría fluvial dos Caneiros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha