Atopan malferido por arma de fogo a un home en Coiro – A Laracha

  • Aínda que estaba con vida cando chegaron os servizos de emerxencia, finalmente faleceu.

Un home de mediana idade non logrou sobrevivir á ferida que lle provocou unha arma de fogo no peito. Os feitos ocorreron a última hora da mañá deste sábado no lugar de Coirón, pertencente á parroquia larachesa de Coiro. Ao lugar, tras a alerta do 112, acudiron varias patrullas da Garda Civil, Policía Xudicial, Policía Local e persoal do 061, aínda que ao final nada puideron facer por salvarlle a vida ao home. Os corpos de seguridade investigan o ocorrido, á espera do que determine a autopsia, podería tratarse dun suicidio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha