Atopan morta a moza de 24 anos desaparecida en Lugo o pasado 21 de xullo

1 minutes read

Axentes do Corpo Nacional de Policía localizaron na mañá deste venres o corpo sen vida de Carmen López, a moza de 24 anos desparecida en Lugo desde o pasado día 21 de xullo. 

O dispositivo de busca retomouse a primeira hora da mañá deste venres coa participación de efectivos da Policía Nacional, Protección Civil, persoal municipal e familiares. O cadáver foi atopado pouco antes das onceda mañá nunha zona arborizada da contorna do río Miño, próxima a lugares que xa foran inspeccionados durante os días anteriores. 

Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Científica para realizar unha inspección ocular. Segundo indicaron fontes policiais, os primeiros indicios non apuntan á participación de terceiras persoas.