- Todo apunta a un suicidio, pero abriuse unha investigación para esclarecer o sucedido
O corpo de Rosario Porto foi achado este mércores nunha cela do cárcere de Brieva (Ávila), onde a vítima cumpría condena polo asasinato da súa filla Asunta Basterra.
Segundo RTVE, os funcionarios botaron en falta a reclusa no reconto, polo que ao achegarse ao seu cubículo acharon á muller aforcada cun cinto.
Institucións Penais deu aviso ao xulgado de garda e á familia, e abriuse unha investigación para esclarecer o ocorrido.
Condena polo asasinato de Asunta Basterra
Rosario Porto cumpría condena polo asasinato da súa filla adoptiva, Asunta Basterra, no ano 2013. Xa cumprira sete anos en tres prisións -A Lama, (Pontevedra), Teixeiro (A Coruña) e Brieva (Ávila)- e non era a primeira vez que tentara quitarse a vida.