Atopan morta unha parella de anciáns en Madrid con coiteladas no pescozo

A policía non descarta ningunha hipótese sobre as circunstancias da morte dun matrimonio de 79 e 80 anos no barrio madrileño de Tetuán. Os servizos de teleasistencia non conseguían contactar con eles e avisaron o 112. Cando chegaron atoparon os dous corpos con feridas de arma branca no pescozo e moito sangue. Foron trasladados ao Instituto Anatómico Forense para facerlles a autopsia. Os veciños contan que o home estaba enfermo, pero a muller estaba ben. Ademais, parece ser que a casa estaba bastante remexida.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha