Atopan morto a John McAfee no cárcere de Barcelona

O empresario, creador dun dos máis populares antivirus informáticos, estaba pendente da súa extradición a EE UU onde era reclamado por delito fiscal. A Audiencia Nacional rexeitou que o detido sufrise persecución política no seu país. Este mércores foi atopado morto na cela que ocupaba no Centro Penal de Brians 2, na provincia de Barcelona. Os profesionais de vixilancia e os servizos médicos da prisión interviñeron de maneira inmediata para practicar manobras de reanimación pero finalmente os médicos certificaron a morte, informou a Conselleria de Xustiza da Generalitat.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha