A Garda Civil e a Policía Local, coa autorización da filla, romperon un cristal da vivenda para poder entrar. Atoparon o home morto, ao lado da cama. A forense certificou que faleceu por causas naturais, posiblemente dun infarto.
Tiña 77 anos e vivía só na aldea de Boel, no concello de Outes. Estaba viúvo e os tres fillos do matrimonio vivían independentes.
Unha veciña coa que tiña relación a diario estivo con el o martes pola noite. Ao non velo o mércores nin contestarlle na casa chamou a filla que foi a que alertou os servizos de urxencias
Na aldea onde aconteceu o suceso abundan as vivendas unipersoais. Segundo as últimas estatísticas, en Galicia hai uns 100.000 fogares en que viven sós maiores de 65 anos. En 20.000 casas viven mulleres soas de máis de 85 anos.