45
Os veciños do falecido, da parroquia de san Cibrán, foron quen deron a voz de alarma ao ver moito fume procediente da vivenda deste home. Segundo fontes próximas, barállase a posibilidade de que a vítima puidese sufrir un ataque ou mareo e caerse sobre o lume. Ao lugar trasladáronse os servizos de urxencia e a Garda Civil, que abriu unha investigación para tratar de esclarecer con detalle o ocorrido.