46
Bombeiros de Vilanova de Cerveira localizaron este xoves aboiando na auga do río Miño o cadáver do triatleta portugués que desapareceu o pasado domingo cando participaba nunha proba deportiva.
O cadáver foi localizado uns 500 metros río arriba da zona en que se afundiu R. S., de 24 anos de idade, veciño de Barcelos, máis preto da beira portuguesa ca da española, onde comezara a proba, concretamente desde o embarcadoiro de Tomiño.
Unha embarcación da Mariña portuguesa levou o corpo a terra e a autoridade xudicial deu o seu visto e prace para que fose trasladado a un instituto anatómico forense, onde lle practicarán a autopsia.