Atopan o cadáver dun home flotando no río en Arteixo

0 minutes read

O corpo sen vida dunha persoa foi atopado este xoves flotando no río Sisalde, no concello coruñés de Arteixo, informan o 112 Galicia e a Garda Civil. Segundo puntualiza o Instituto Armado, descoñécese a identidade do cadáver. O 112 Galicia recibiu un aviso e alertou tamén os servizos sanitarios, a Policía Local, os Bombeiros de Arteixo e Protección Civil. Segundo engade o servizo de Emerxencias, o corpo foi achado «moi preto da depuradora». Protección Civil de Arteixo confirmou que non había constancia de que se denunciara ningunha desaparición na zona.