Segundo informaron fontes da Garda Civil e do 112, foi un transportista o que atopou, sobre as 5 da tarde deste xoves, o corpo sen vida dunha muller de entre 35 e 45 anos, con signos de violencia e agochado entre uns colectores do lixo e o muro dunha leira. O condutor e outros viandantes chamaron a Emerxencias e acudiron a pedir axuda a un taller próximo. Ao lugar desprazáronse efectivos do 061, axentes da Policía Local e da Garda Civil, que se fixeron cargo da investigación.