Atopan o corpo dun home aboiando no encoro de Vilasenín en Ordes

1 minutes read

Case na ribeira do encoro de Vilasenín, nunha zona onde se fai pé. É o lugar onde apareceu o corpo sen vida dun veciño de Ordes que saíra pescar na tarde anterior. Ao non regresar, o fillo alertou a Garda Civil. Á unha da madrugada localizaron o coche e dúas horas máis tarde o cadáver na auga. Foron os bombeiros de Ordes os que se encargaron de sacalo.

O falecido aboiaba boca abaixo, vestía o traxe de vadear e tiña a cana preto. A zona semella tranquila e toda apunta a que afogou ao caer e non poder erguerse despois. O corpo do home, de 73 anos, foi trasladado ao Imelga, en Santiago, onde se lle fará a autopsia que determine as causas da morte.

No dispositivo de rescate participaron 3 patrullas da Garda Civil e catro efectivos do parque de bombeiros de Ordes.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?