Atopan o corpo dunha menor onde buscan ás nenas desaparecidas en Tenerife


  • O robot do Ángeles Alvariño achou o corpo da pequena Olivia, de 6 anos, dentro dunha bolsa de deportes amarrada a áncora do barco do pai das menores.

A Delegación do Goberno en Canarias informou este xoves de que apareceu no mar un corpo sen vida, aparentemente dunha menor, na zona de procura das nenas desaparecidas en Tenerife. Este achado, informa a Delegación do Goberno, foi comunicado á nai e á familia das nenas. O buque oceanográfico Ángeles Alvariño atopou o cadáver cando rastrexaba a zona onde se perdeu a conexión do teléfono de Tomás G. o 27 de abril, cando non devolveu ás nove da noite ás dúas nenas, tal e como tiña pactado coa nai das menores. Fontes próximas á investigación explicaron que se atoparon dúas bolsas, nunha delas estaba o corpo -que confirmou ser o da filla maior, Olivia, de 6 anos- e a outra estaba baleira. A Garda Civil prosegue na zona os traballos de rastrexo, a unha milla naútica do porto de Güímar.