0
Unha muller faleceu na praia do Ézaro, en Dumbría. O seu corpo foi localizado flotando no mar e, aínda que se lle realizaron manobras de reanimación, os sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.
Foi sobre as 16.30 horas deste venres cando o 112 Galicia recibiu o aviso a través do 061 de que había unha muller á que sacaran inconsciente da auga na praia do Ézaro. Apareceu flotando na beira.
Durante a comunicación, indicouse que se estaba desprazando ata o lugar o helicóptero medicalizado do 061. Ata o punto desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil de Dumbría. A autopsia determinará as causas exactas do falecemento.