44
- O corpo foi achado por un particular sobre as 10 da mañá deste luns
O cadáver dunha muller foi localizado flotando no río Ulla, no concello de Padrón.
Sobre as 10:00 horas deste luns, unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia do achado dun corpo flotando moi preto da empresa madeireira FINSA.
No operativo de rescate interviñeron ademais dos servizos sanitarios, os membros do GES e de Protección Civil da localidade, e os axentes da Policía Local e da Garda Civil, quen agora tratan de investigar as causas do suceso.