Atopan o corpo dunha muller nunha zona de monte en Santiago

1 minutes read

Un grupo de cazadores localizou este domingo o cadáver dunha muller nun monte de Santiago. Á falta da identificación definitiva, todo apunta a que podería ser o de María Chico, a muller de 77 anos que desapareceu este verán preto do lugar onde se atopou o corpo. Estaba a uns dous quilómetros da casa onde María pasaba o verán. A altura da maleza e a zona onde apareceu, afastada do camiño, probablemente impediu que fose localizada nas batidas que se fixeron para dar con ela. María Chico sufría de alzhéimer e a súa familia regresou a Alemaña, onde vivían, despois dunha intensa busca.