41
- Todo indica que unha estufa prendeu na roupa da vítima causándolle graves queimaduras
Este sábado, arredor das 11:00 horas, un home solicitou ao 112 Galicia asistencia médica para unha muller que se atopaba queimada ao carón dunha estufa nunha vivenda situada no lugar de Tarrío, no concello coruñés de Trazo. O veciño da vítima, que chegou á súa casa ao atoparse a un residente da mesma desorientado na rúa, aseguraba que había moito fume pero que non vía ningún incendio.
De inmediato, desde o 112 Galicia informouse da situación aos sanitarios do 061, Bombeiros de Ordes e Garda Civil. Unha vez no lugar dos feitos, os servizos de emerxencias tan só puideron certificar a morte da muller.
Todo parece indicar que a estufa prendeu na roupa da vítima causándolle queimaduras no corpo ás que non logrou sobrevivir.