30
Os falecidos son un home e unha muller. Ambos eran parella, tiñan 51 e 36 anos. Polo de agora descoñécense as súas identidades. Só se sabe que estaban nunha casa de aluguer en Guillán, en Vilagarcía, á que acababan de mudarse. Crese que morreron na madrugada do día de Reis e que esa era precisamente a súa primeira noite na vivenda. De entrada todo parece indicar que faleceron a causa dunha sobredose de heroína. Foron os fillos dela os que atoparon os seus corpos e alertaron a emerxencias. A autopsia será a que arroxe máis luz sobre este estrano suceso que está a investigar a Policía Xudicial.