Atopan sen vida ao home que se buscaba desde o pasado xoves na Rúa, en Ourense

1 minutes read

Os membros do GES de Valdeorras, que se atopaban na procura do home, localizaron o corpo do octoxenario, no regato de Carballido, por debaixo do pobo de San Xulián.

O anciá, veciño deste lugar, fora visto por última vez na eira da súa casa, tras o xantar, o pasado día 10. Tras pasar a tarde e sen ter noticias del, un familiar contactou co 112 Galicia sobre as 22:00 horas para informar da desaparición. Engadía, ademais, que malia os problemas de saúde, adoitaba pasear pola aldea.

Desde ese intre, tras pasar aviso á Garda Civil, os axentes encabezaron o operativo de busca no que participaron ademais dos familiares, amigos, veciños e persoal do Concello, os servizos sanitarios de urxencia, a Policía Local, os membros do GES da Veiga e de Valdeorras, os efectivos de Protección Civil da localidade, Petín, Lorouco, Vilamartín, A Veiga, O Bolo, Maceda e Manzaneda. Así mesmo, ademais da intervención do helicóptero da Garda Civil, contouse coa colaboración dos técnicos da Unidade de Drons da Axencia Galega de Emerxencias e da Unidade Canina da Asociación Protemer de León.

Con todo, pese ao amplo dispositivo, sobre as catro da tarde deste sábado, a Garda Civil comunicaba ao 112 Galicia que os membros do GES de Valdeorras localizaran ao varón falecido.