Atopan sen vida en Allariz o corpo dun home, no río Arnoia


Foi localizado este xoves á altura da praia fluvial da Acearrica, informou na súa conta oficial de Facebook o equipo de Protección Civil da zona. Debido ao seu avanzado estado de descomposición, esta mesma fonte especifica que están “á espera da súa identificación” unha vez culmine, cumprindo co protocolo habitual, a correspondente autopsia do cadáver. “Non é veciño de Allariz”, indica este corpo nesa mesma publicación.