Atopan sen vida o mozo de 19 anos desaparecido este domingo en Ordes

Este martes apareceu morto o mozo Santiago Manteiga López, desparecido este domingo en Ordes, cando regresaba dunha cea de empresa organizada pola explotación gandeira onde traballaba en Mesía.

A primeira hora comezaba na parroquía de Leira, no concello ordense onde vivía, un amplo operativo de busca para tratar de dar con el. Poucos minutos despois de iniciarse esa busca, que contaba coa presenza de numerosos voluntarios, apareceu o seu corpo no monte de Ardemil, na zona do Brumeiral, preto dun río.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha