Os servizos de emerxencia localizaron sen vida este sábado a un home que desaparecera durante a noite en Avión. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o corpo foi localizado nunha zona de monte do lugar da Praza.
O 112 Galicia tivo coñecemento da desaparición do varón, a través dunha persoa particular.
Nada máis ter constancia dos feitos, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos efectivos do GES de Avión, que colaboraron no operativo de busca coordinado polos axentes da Garda Civil. Ademais, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e da Policía Local.
As forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias deste suceso.