Na Coruña investigan a morte dunha persoa cuxo cadáver apareceu aboiando no mar. O Servizo de Salvamento Marítimo recuperou o corpo dun home nunha zona próxima ás rochas nas inmediacions da Torre de Hércules. Amais dos efectivos de Sasemar Coruña, nas tarefas de rescate participaron tamén o servizo de Gardacostas, Policía Nacional e Local e o grupo acuático dos bombeiros.