Atopan o cadáver dun home en Camariñas

0 minutes read

O corpo sen vida dun home foi localizado este martes nunha zona montañosa próxima á estrada que une Ponte do Porto e Arou, no Alto do Canaval, no concello de Camariñas.

Foi un particular quen alertaba ao 112 Galicia sobre o achado do cadáver.

Trátase dun veciño de Camelle de 86 anos, que se sentiu indisposto e nada se puido facer por salvarlle a vida.