Atopan o cadáver dunha muller no río Miño, en Ourense

0 minutes read
  • Sucedeu á altura do pavillón dos Remedios

Efectivos de emerxencias de Ourense atoparon o corpo dunha muller no río Miño, concretamente á altura do pavillón dos Remedios, arredor das doce e media da mañá deste mércores.

O cadáver foi rescatado polos Bombeiros de Ourense despois de ser alertados do incidente polo 112 Galicia, desde onde tamén se informou do acontecido á Policía Nacional e Local.

As autoridades están investigando o suceso para esclarecer as súas causas.