Atopan un cadáver na contorna dunha praia de Alcabre, en Vigo

Policía Nacional

A Policía Nacional comunicou a aparición un corpo sen vida nunha praia situada no barrio de Alcabre da cidade de Vigo.

Segundo informaron fontes policiais, axentes da Unidade Científica do devandito corpo de seguridade desprazáronse ata a zona tras o achado.

O corpo sen vida foi trasladado ao Hospital Nicolás Peña, lugar onde se levará á cabo a autopsia. Polo momento descoñécese a identidade da persoa.