36
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar de que atopara a un ciclista tendido na Costa de Ouces, en Bergondo. Indicaba na súa chamada que precisaba asistencia médica. De contado, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local de Sada e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Ademais, desde o CIAE 112 Galicia informouse tamén aos Bombeiros de Betanzos e ao Servizo Municipal de Protección Civil de Sada. Xa no lugar dos feitos, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do ciclista, que a espera do que determine a autopsia, todo indica que morreu por causas naturais.