24
Un amplo dispositivo de emerxencias rescatou este mércores á mañá un coche afundido en augas do porto de Tragove, en Cambados, e no seu interior localizaron o corpo dunha persoa. Os investigadores non descartan que o coche poida ser o de Fernando Durán Garrido, veciño de Cambados de 65 anos desaparecido hai máis dun ano. Mergulladores da Garda Civil traballaron durante toda a mañá, inspeccionaron o coche no fondo e prepararon os medios para poder retirar o vehículo cun guindastre que se encargou de levalo da dársena.