Atopan un home morto na súa casa de Culleredo

0 minutes read

O home vivía só nunha casa do lugar de Acea de Ama, no concello de Culleredo. Os veciños empezaron a botalo en falta e logo de varias semanas sen telo visto avisaron á Garda Civil, que cando acudiu ao seu domicilio confirmaron o seu achado no interior da vivenda en avanzado estado de descomposición, onde podería levar máis dun mes morto. A forza actuante mantén aberta unha investigación para averiguar o ocorrido.