Un home de avanzada idade faleceu este luns na súa vivenda en Meicende, en Arteixo, onde ardeu unha pota ao lume provocando unha intensa fumareda. Aínda que está por determinar se este feito foi a causa da súa morte ou non. Así o informaron desde o 112 Galicia que explicaron que un particular deu aviso dunha intensa fumarea, supoñendo que se trataba dun incendio, na rúa Cáceres, na parroquia de Pastoriza.
En concreto, o aviso foi pouco despois das 16.00 horas e nel alertábase de que saía moito fume dunha vivenda na que residía unha persoa maior, aínda que non sabía se nese momento estaba no interior. Desde o 112 mobilizouse a Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Arteixo, Guardia Civil, Policía Local e Protección Civil. Tras entrar na casa, os bombeiros indicaron que unha pota que estaba ao lume ardeu e que foi a orixe da intensa fumareda, pero que non podían determinar se esto era a causa da morte do home.