Atopan unha anciá falecida tras declararse un incendio na súa casa en Petín

0 minutes read

Unha anciá duns 90 anos faleceu na tarde deste xoves tras declararse un incendio na súa vivenda no lugar de Outeiro, en Petín. Un home avisaba os equipos de emerxencias de que se declarara un incendio na casa dunha veciña. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Valdeorras, que extinguiron axiña o lume. Sería pouco despois cando os servizos sanitarios e os axentes da Garda Civil chegarían ao lugar, aínda que só puideron confirmar o falecemento da única implicada. Agora, as forzas da orde traballan para esclarecer o acontecido.