34
Unha anciá de 93 anos foi atopada morta este luns baixo os cascallos da súa vivenda no concello ourensán de Trasmiras. Segundo informa o 112 Emerxencias Galicia o suceso produciuse no lugar de Abavides, a onde se desprazaron os servizos sanitarios e de urxencia tras recibir o aviso. Alí localizaron o corpo da muller morta. Segundo os primeiros indicios, todo apunta a que se produciu unha explosión por unha fuga de gas.