Atopan unha lura de 3 metros e máis de 200 kgs preto de Tenerife

0 minutes read

Un barco de avistamento de cetáceos viuna aboiando e dende alí mesmo avisaron ao fotógrafo de baleas Teo Lucas. El mesmo cedeu as imaxes aos medios desa lura xigante que apenas acababa de morrer.  Fixeron falta 3 persoas para sacala da auga. Agora está nas instalacións do Instituto de Oceanografía de España, onde a van conservar ata facerlle a necropsia. Por primeira vez se atopa unha lura xigante en tan boas condicións.