28
Os servizos sanitarios nada puideron facer pola súa vida, as forzas da orde traballan para aclarar as circunstancias do suceso. Un particular que se atopaba no lugar foi o que alertou ao 112 Galicia e explicaba que atopara unha persoa accidentada nun barco situado no porto da Graña, en Ferrol. No transcurso da chamada, indicaba que o implicado sufrira unha caída no interior da embarcación cando estaba a manipular unha vela, e engadía que non respondía aos seus intentos de contactar con el. Desde o 112 Galicia informouse de inmediato ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Salvamento Marítimo, á Policía Nacional, á Garda Civil, á Policía Local de Ferrol e á Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.