Atopan unha persoa morta tras un incendio na súa vivenda en Arteixo

1 minutes read

Unha persoa faleceu esta madrugada en Arteixo, posiblemente por inhalación de fume, a causa dun incendio producido na súa vivenda, situada na Avenida Manuel Platas Varela, en Oseiro.

A estrutura da vivenda non se viu afectada pese á acumulación da carga térmica existente e que a encheu de fume. Iso si, ardeu diverso material que a vítima almacenaba no seu interior. Así o comunicaban os Bombeiros ao 112 Galicia cando procederon coas tarefas de ventilación, unha vez extinguidas as lapas

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do lume ao fío das 04:20 horas desta madrugada, grazas á chamada dun particular que aseguraba ver saír fume da cuarta planta dun edificio. No seu relato indicaba que nesa planta había dous pisos, un deles habitado.

Con estes datos, os xestores do 112 puxeron en marcha un operativo formado polos Bombeiros de Arteixo, 061-Urxencias Sanitarias, Garda Civil, Policía Local e efectivos de Protección Civil da localidade.

Tras chegar ao punto, os Bombeiros confirmaban a existencia da persoa falecida nun ático, baixo a gran cantidade do material que a vítima almacenaba. Indicaban, ademais, a necesidade de baleirar o inmoble para lograr a total extinción do lume e poder ventilar para evitar que se reavivara.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?