Os feitos tiveron lugar na madrugada do luns cando un dos propietarios se atopaba no repoñendo as máquinas expendedoras da fachada do local, na céntrica rúa Rosalía de Castro. A porta do almacén estaba aberta e dúas persoas con máscara e pasamontañas coáronse no interior do establecemento, con dúas armas de fogo, investígase se poderían ser auténticas ou simuladas. Intimidaron ao propietario e levaron dous caixóns de cobranza automática, con 4.500 euros cada un e 3.000 euros da caixa rexistradora, ademais de cupóns, cartóns de tabaco e obxectos de valor. O roubo acometérono en poucos minutos e fuxiron do lugar nun Opel Astra de tres portas de cor vermella, segundo o denunciado pola propiedade ante a Garda Civil, que abriu unha investigación para dar cos ladróns.