Atracan a gasolineira de Paiosaco a punta de navalla


O roubo produciuse pouco despois das oito da mañá deste domingo. A dependenta que atendía nese momento o establecemento foi sorprendida polo atracador que vestía un gorro e portaba un coitelo co que a ameazou tentando encerrala nunha dependencia. A muller logrou zafarse do agresor e saír do establecemento, asustada e á carreira. Mentres o atracador levouse o diñeiro da caixa (uns 200 euros) e en cuestión de segundos emprendeu a fuxida nun Renault Clio que lle esperaba no exterior. O traballo de campo das forzas de seguridade logrou identificar o ladrón, un veciño de Carballo de mediana idade, ao que se lle acusará dun delito de roubo con intimidación.