Atracan a man armada un banco en Sigüeiro

0 minutes read

Segundo información da Garda Civil, este luns ás 12:30 horas da mañá unha persoa perpetrou un atraco á oficina do banco Santander na localidade de Sigüeiro. Entrou na entidade exhibindo unha arma, atopándose no seu interior só os empregados da entidade. A Garda Civil iniciou un operativo para a localización desta persoa.