Atracan a punta de pistola o Banco Santander da Ponte do Porto, en Camariñas

1 minutes read

Un home atracou cun arma de fogo unha sucursal bancaria situada na Ponte do Porto, no municipio de Camariñas. Segundo os primeiros datos, levouse unha cantidade de diñeiro que rolda os 30.000 euros. Os feitos sucederon sobre a unha da tarde deste martes na oficina do Banco Santander ubicada na localidade. Segundo informou a Garda Civil, o atracador entrou no banco e supostamente ameazou aos empregados cun arma de fogo para que lle abrisen a caixa, de onde subtraeu o diñeiro. As forzas da orde tomaron declaracións no lugar do atraco e montaron un dispositivo para tratar de localizar ao presunto autor dos feitos. Unha investigación da que se fixo cargo a Policía Xudicial de Corcubión. Por sorte non houbo que lamentar feridos e ao parecer non se produciron disparos por parte do presunto atracador, que actuou calculada e rapidamente.