- Todo apunta a que os atracadores poderían levar un tempo controlando ás vítimas coñecendo os seus hábitos diarios, polo que esperaron a que saísen da casa para perpetrar o asalto.
O Equipo Territorial da Policía Xudicial da Garda Civil de Carballo investiga o sucedido e activou un dispositivo para tratar de localizar a un grupo de cinco homes que na mañán deste venres atracaron, amordazaron, agrediron e roubaron a un matrimonio de octoxenarios na súa vivenda da céntrica rúa Vázquez de Parga. Os feitos aconteceron pasadas as 9.00 horas e, ao parecer, os atracadores, cubertos con pasamontañas, esperaron as súas vítimas nas escaleiras do quinto piso do edificio ubicado no número 34 da citada rúa e, cando o home, saíu da súa vivenda asaltárono e ameazaron cunha pistola e golpeárono. Despois, accederon ao interior do inmoble e agrediron tamén á súa esposa e amordazáronos con bridas. Tras conseguir un importante botín de diñeiro en efectivo (aínda por cuantificar) e tamén xoias, os atracadores emprenderon a fuxida. Tanto o home como a muller tiveron que ser trasladados a un centro sanitario para ser atendidos polas feridas que sufriron.