Atrasada a saída do Tour de Francia ata o 29 de agosto

0 minutes read

O ciclismo está de parabéns. Haberá Tour de Francia. Tanto o colombiano Egan Bernal, vixente campión do Tour, como o resto dos integrantes do pelotón, xa saben que a proba por etapas máis prestixiosa do mundo disputarase este verán. Pero, obrigados pola crise do coronavirus, os organizadores da carreira tiveron que renunciar ao habitual mes de xullo e establecer o comezo do evento, o próximo 29 de agosto. Unha medida que supón un sopro de aire fresco para os ‘astros da bicicleta de estrada’.