Atropela un can en Cerceda e lévao 15 Km colgado do coche

1 minutes read

Un accidente por alcance provocado por un can solto na calzada resultou cando menos curioso polo desenlace final dos feitos. Unha condutora que circulaba a última hora da tarde deste luns pola estrada que une Carballo e Ordes atopouse de súpito cun can de grandes dimensións que se lle cruzaba na estrada sen poder facer nada para evitar o seu atropelo, á altura do lugar da Silva, en Cerceda. Tras ser coñecedora do forte golpe a condutora do turismo non se detivo, pensando que o animal quedaría no lugar, era de noite e chovía e deterse na calzada podería resultar perigoso e ao non notar nada estraño no turismo decidiu continuar a súa marcha ata un lugar accesible e iluminado para comprobar os danos no coche. Esta comprobación fíxoa tras circular 15 Km ao chegar a Carballo, onde para a súa sorpresa, o animal estaba incrustado morto no turismo, unha situación de mal gusto, pero que a condutora nada puido facer para poder evitala.