A Comandancia da Garda Civil confirmou que un axente da Agrupación de Tráfico foi arroiado por un turismo cando participaba nun control de alcol e drogas no quilómetro 582,5 da N-VI, nas proximidades do núcleo urbano de Sada. A vítima foi trasladada ao Hospital cunha rotura nunha perna, ademais dunha contusión na cabeza, pero atópase fóra de perigo, segundo confirman as mesmas fontes. En canto ao condutor sospeitoso, deuse á fuga, pero foi localizado pouco despois, e detido, imputándolle un delito de lesións, dous delitos contra a seguridade viaria e un cuarto por abandonar o lugar do “accidente”. O xuíz deixouno libre con medidas cautelares e terá que ir ao xulgado de xeito periódico. O vehículo presentaba danos compatibles co atropelo.
39