Atropelado un menor en Vimianzo


Un neno menor de idade tivo que ser trasladado este venres despois de sufrir un atropelo no concello de Vimianzo. O suceso produciuse no lugar de Carantoña, na estrada comarcal AC-432, á altura do punto quilométrico 7.

Os xestores do CIAE-112 informaron á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local, aos Bombeiros de Cee e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vimianzo.

Pese a que desde o primeiro momento, os servizos sanitarios informaron da mobilización dun helicóptero medicalizado para o punto, remataron por confirmarlle ao 112 que o neno foi traslado, finalmente, en ambulancia.

Co fin de garantir a seguridade na vía, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia tamén se lle deu aviso ao servizo de mantemento de estradas.