Atropelo mortal a un traballador de Zas, en Cabovilaño, A Laracha

Un home de 64 anos, natural de Zas, faleceu minutos antes de as nove da mañá deste martes ao ser atropelado por un turismo no quilómetro 24 da AC-552, ao seu paso pola parroquia larachesa de San Román de Cabovilaño. O home, José María T.A., estaba a traballar nas obras de construción da senda peonil paralela a esta estrada comarcal, xunto ao acceso da estación de servizo do lugar de O Cancelo, cando por causas que se investigan sufriu unha forte arremetida por un turismo que o matou practicamente no acto. O condutor do coche foi sometido ás probas de alcol e drogas con resultado negativo, mentres que o operario foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña para realizarlle a autopsia. Ademais da Garda Civil de Tráfico, tamén participaron no operativo Protección Civil e Policía Local da laracha, así como unha ambulancia do 061.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha